En galego

Restaurante Benedita Elisa

O restaurante Benedita Elisa foi cociñado a fogo lento no centro de Santiago de Compostela. Todo comezou cando un galego e un catalán coincidiron nunha cociña. Aí mesturaron sabores e xuntos iniciaron unha aventura gastronómica. A paixón polos fogóns vén de familia. As culpábeis foron as súas avoas, Benedita e Elisa, que lles ensinaron a vivir a cociña.

A mellor carta


En Benedita Elisa desexamos que cada xantar sexa unha experiencia diferente.  Recendos que sexan capaces de levarte á infancia ou, directamente, ao futuro. Combinamos tradición e modernidade con produtos da comarca e innovadoras técnicas. Queres probar?


Atopa o teu viño


A cociña é coma a vida, está chea de elementos complementarios: o sal e o azucre, a precisión e o bo ollo, agardar con paciencia e bulir. En Benedita Elisa pensamos que un bo prato ten que ir acompañado polo mellor viño. Procuramos que a copa encaixe á perfección có menú, formando unha parella única.


Coñece o local


Construímos un espazo propio pensando nos pequenos detalles, ao igual que nos nosos pratos. Queremos xogar mostrando as nosas cartas: a pedra á vista e unha cociña aberta para ensinar que hai detrás de cada menú. Sabemos pór cor na mesa, mais con sinxeleza.


¿Que contan os nosos clientes?

Reservar

Praza do Matadoiro, 1

Santiago de Compostela

Mapa

Horario

Luns, xoves, venres, sábados e domingos

13:30-16:00 e 21:00-00:00

Pechamos os martes e os mércores

A %d blogueros les gusta esto: